O meu avó decíanos de pequenos que era o home máis forte da Aldea. "En Suiza apreteume a man un italiano para demostrarme que era moi forte, pero eu apretei máis forte que el, tan forte que lle salio a sangre por debaixo das uñas", presumía de forzudo diante nosa.
Un día no inverno pasou Suso do Xastre polo seu lado, cando o el estaba cortando herba ca jadaña na Laracha. Suso iba coa chaqueta e con jorro que lle tapaba hasta as orellas e díxolle o ve-lo tan coa camiseta sen jersey, e co frío que facía:
- "Eres o home máis forte da Aldea",
o que meu avó contestou:
- "Tamén son o que máis frío pasa".
Meu avó intentou traballar no mar e o máis lonxe que chegou foi a lonxa de Corme. Tratou de sacar o permiso de competencia e nas probas preguntoulle o examinador:
-"Si estás na jamela os calamares en Corme e ven vento, ¿ti que fas?.
O que meu avó respondeu:
- "Tiro o rezón"
- "¿E se ven máis vento"
- "Tiro outro rezón".
- "¿E se ven moito máis vento".
- "Tiro outro rezón".
-"¿E se ven máis, máis e máis vento que non hai quen pare".
- "Tiro outro rezón".
O examinador xa mosqueado pregúntalle:
- "Ois ti, e ... ¿a onde vas buscar tantos rezóns?".
-"E ti, ¿a onde vas buscar tanto vento".
Tamén se quixo meter na política, pero non chegou nin a mandar na súa casa.
Era a época de eleccións en Ponteceso e había algún partidista na Aldea que buscaba voto, polo que fixo un pequeno mitin entre os labregos da zona na Cas Tucho:
- "Eu prometo que se gana o meu partido farenos pa Aldea unha marquesina nova na Costa, faremos unha casa para os veciños, faremos carreteras, faremos pontes, ...."
O que meu avó respondeu:
-"¿Pontes?, si non temos ríos, ¡apúnta ríos tamén!
miércoles, 7 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario