jueves, 16 de abril de 2009

E ti... ¿viches a Dios?

O outro día iba meu avó no autobus cando un home lle respondeu si creía en Dios. O que el constetou que sí porque o vira unha vez.

Cando el era máis novo, aínda mandaba o Xeneralísimo, foi pobo por pobo, aldea por aldea, preguntando si viran a Dios. A xente que atopaba polo camiño respondíalle que non. Pero, chegou a unha aldea no cu do mundo que non vou decir o nome (pois a xente de Corme enfadaríase toda), na que un vello lle dixo que Dios estaba un pouco máis adiante. Meu avó seguío andando e un pouco máis adiante atopouse con unha señora o que lle proguntou:

-¿Viches a Dios?.
-Tes que seguir un pouco máis adiante.

E un pouco máis adiante, como non, atopou a un señor e unha señora carrexando pedras para facer un valado. Meu avó o velos preguntoulle:

-¿Viches a Dios?.
e o meu respondeu:
-Sí, son eu.
-E ti si es Dios que fas carrexando pedras para facer un valado.
-Pois desde que manda Franco a xente di: "¡qué traballe Dios e máis María Santísima!". E aquí estou eu e máis a Virxe María traballando.



Meu avó non sole esaxerar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario