O meu avó, de pequeno sempre lle dixeron que debería ir pa cura. Daquela época os curas eran os máis ricos e tiñan moitas mulleres (tíñanas todas), a verdade, fame non pasaban.
Pero o final non foi a pesar de ter unha voz apropiada para os cantos relixiosos, agora canta no tructore "alavaré, alavaré, alavaré al Señor". O caso é que non se votou crejo porque se enterou dunha cousa que lle fixo cambiar de opinión.
Meu avó tiña un parente que xa tiña certa idade, vivía ca muller pero non estaban casados. Un día comentoulle a muller que xa que non casaron de novos, pois non había nin perra daquela, podían casar ahora de vellos. A muller aceptou, pero antes de casar faleceu o home e foi po ceo.
O cabo dun mes faleceu a muller e tamén foi o ceo. Cando taba nas portas deste, vío a San Pedro e preguntoulle polo seu home:
-"Mira, fai un mes faleceu o meu home, ¿non estará por ahí? Porque ibanms a casar e xa que estamos aquí os dous ahora podemos casar no ceo.
San Pedro mirouna todo serio e díxolle:
-"Pois vai ser imposible casar aquí, pois non hai ningún cura no ceo".
jueves, 23 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario