jueves, 23 de abril de 2009

A seguridade ante todo.

Nesta terra de augas bravas que golpean con noxo as pedras que se atreven a plantarlle cara ó mar medra un dos manxares máis famosos de Galicia, o percebe. ¿Quén, nacido na Costa da Morte, non foi nunca os percebes?. Meu avó foi, pero sempre con seguridade. ¿E quén, percebeiro que se dote, nunca foi furtivo?. Meu avó foi, pero sempre con seguridade.

Un día iba meu avó os percebes ó Roncudo co traxe de neopreno e cunha pequena tabla, destas de facer surf na praia, pero das pequenas.

Nese momento pasaba un turista madrileño coa familia cara o faro Roncudo e vio o meu avó todo emperifollado para votarse o mar. Os madrileños nunca viran o mar e menos un percebeiro "auténtico". Pero sí conocían a bravura destas augas e a valentía dos mariñeiros galegos.

-"¿Va usted a coger percebes?". Preguntáronlle con interés o meu avó.
-"Sí, sí. ¡Vou a ver si apaño uns poucos para unha caldeirada!".
-"Y la tabla esa... ¿es por seguridad?. Preguntáronlle con emoción o meu avó.
-"Sí, sí. É por seguridade. Non vaia ser que aparezan os vigilantes ou a garda civil e teña que escapar polo mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario