Na primeira de fai 3 anos, ía Don Evaristo no trolebus desde Carnota cara a capital. Cando chegou a estación dos buses collío un calpita que saía cara o Juan Canalejo. Tiña unha cita cun dos especialistas que traballan no complexo hospitalario para ver os resultados dunhas probas do corazón. Fai 4 meses que lle dera un ataque con 60 anos e estaban buscándolle o problema.
O calpita parou enfrente da porta do hospital, onde se apeou Don Evaristo. Na entrada había un cego da ONCE vendendo cupóns. "Para hoy, para hoy", repetía cunha voz chirriante. Don Evaristo meteu a man no peto e sacou 10 euros.
-"Dame 5", pedíolle o cego.
-¿Algunha terminación en especial?", pregunto tras as gafas oscuras enseñando os boletos.
-"O primeiro que se saia".
- "Pois este mesmo, acabado en 2" e arrancou cinco boletos todos iguais.
Entrou para dentro da consulta e sentouse enfrente ó doutor que olleaba os papeis cos resultados das analises. Cando o doutor levantou a cabeza para miralo xa notou nos seus ollos o que acontecía.
-"Non se ande polas ramas doutor", apremiou Don Evaristo.
-"Señor Evaristo. Su corazón a sufrido mucho en estos últimos años. Tiene que usted dejar de fumar y comer saludablemente, hacer ejercicio, ... En fin, llevar unha vida sana. Su corazón se encuentra muy débil y no debe exponerlo a muchos esfuerzos", sugería o doutor.
-"Pero,... ¿cánto me queda?"-acortou Don Evaristo.
-"A partir de ahora tendrá que tomar Sintrón ..."
-"Que ¿cánto me queda".
-"Pues sobre 2 anos, quizás más si se cuida y toma la medicación".
Don Evaristo saío pola porta do despacho. Estaba blanco. Aínda non asimilara a información. Quería ir pa casa. Non quería ver a nadie. Quería chorar e berrar. Non era capaz.
Cando chegou a casa meteu a man no peto e collío as chaves e mailos cupons que comprara pola mañán mirou o número, era o 34602. Entrou na casa e bateu coas chaves e os cupóns na mesita do salón e tirouse no sofa.
sábado, 16 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario