sábado, 16 de mayo de 2009

Tres cousas hai na vida.

Na primeira de fai 3 anos, ía Don Evaristo no trolebus desde Carnota cara a capital. Cando chegou a estación dos buses collío un calpita que saía cara o Juan Canalejo. Tiña unha cita cun dos especialistas que traballan no complexo hospitalario para ver os resultados dunhas probas do corazón. Fai 4 meses que lle dera un ataque con 60 anos e estaban buscándolle o problema.

O calpita parou enfrente da porta do hospital, onde se apeou Don Evaristo. Na entrada había un cego da ONCE vendendo cupóns. "Para hoy, para hoy", repetía cunha voz chirriante. Don Evaristo meteu a man no peto e sacou 10 euros.
-"Dame 5", pedíolle o cego.
-¿Algunha terminación en especial?", pregunto tras as gafas oscuras enseñando os boletos.
-"O primeiro que se saia".
- "Pois este mesmo, acabado en 2" e arrancou cinco boletos todos iguais.


Entrou para dentro da consulta e sentouse enfrente ó doutor que olleaba os papeis cos resultados das analises. Cando o doutor levantou a cabeza para miralo xa notou nos seus ollos o que acontecía.
-"Non se ande polas ramas doutor", apremiou Don Evaristo.
-"Señor Evaristo. Su corazón a sufrido mucho en estos últimos años. Tiene que usted dejar de fumar y comer saludablemente, hacer ejercicio, ... En fin, llevar unha vida sana. Su corazón se encuentra muy débil y no debe exponerlo a muchos esfuerzos", sugería o doutor.
-"Pero,... ¿cánto me queda?"-acortou Don Evaristo.
-"A partir de ahora tendrá que tomar Sintrón ..."
-"Que ¿cánto me queda".
-"Pues sobre 2 anos, quizás más si se cuida y toma la medicación".

Don Evaristo saío pola porta do despacho. Estaba blanco. Aínda non asimilara a información. Quería ir pa casa. Non quería ver a nadie. Quería chorar e berrar. Non era capaz.

Cando chegou a casa meteu a man no peto e collío as chaves e mailos cupons que comprara pola mañán mirou o número, era o 34602. Entrou na casa e bateu coas chaves e os cupóns na mesita do salón e tirouse no sofa.

jueves, 23 de abril de 2009

A seguridade ante todo.

Nesta terra de augas bravas que golpean con noxo as pedras que se atreven a plantarlle cara ó mar medra un dos manxares máis famosos de Galicia, o percebe. ¿Quén, nacido na Costa da Morte, non foi nunca os percebes?. Meu avó foi, pero sempre con seguridade. ¿E quén, percebeiro que se dote, nunca foi furtivo?. Meu avó foi, pero sempre con seguridade.

Un día iba meu avó os percebes ó Roncudo co traxe de neopreno e cunha pequena tabla, destas de facer surf na praia, pero das pequenas.

Nese momento pasaba un turista madrileño coa familia cara o faro Roncudo e vio o meu avó todo emperifollado para votarse o mar. Os madrileños nunca viran o mar e menos un percebeiro "auténtico". Pero sí conocían a bravura destas augas e a valentía dos mariñeiros galegos.

-"¿Va usted a coger percebes?". Preguntáronlle con interés o meu avó.
-"Sí, sí. ¡Vou a ver si apaño uns poucos para unha caldeirada!".
-"Y la tabla esa... ¿es por seguridad?. Preguntáronlle con emoción o meu avó.
-"Sí, sí. É por seguridade. Non vaia ser que aparezan os vigilantes ou a garda civil e teña que escapar polo mar.

E os curas ... ¿onde andarán?

O meu avó, de pequeno sempre lle dixeron que debería ir pa cura. Daquela época os curas eran os máis ricos e tiñan moitas mulleres (tíñanas todas), a verdade, fame non pasaban.

Pero o final non foi a pesar de ter unha voz apropiada para os cantos relixiosos, agora canta no tructore "alavaré, alavaré, alavaré al Señor". O caso é que non se votou crejo porque se enterou dunha cousa que lle fixo cambiar de opinión.

Meu avó tiña un parente que xa tiña certa idade, vivía ca muller pero non estaban casados. Un día comentoulle a muller que xa que non casaron de novos, pois non había nin perra daquela, podían casar ahora de vellos. A muller aceptou, pero antes de casar faleceu o home e foi po ceo.

O cabo dun mes faleceu a muller e tamén foi o ceo. Cando taba nas portas deste, vío a San Pedro e preguntoulle polo seu home:

-"Mira, fai un mes faleceu o meu home, ¿non estará por ahí? Porque ibanms a casar e xa que estamos aquí os dous ahora podemos casar no ceo.

San Pedro mirouna todo serio e díxolle:

-"Pois vai ser imposible casar aquí, pois non hai ningún cura no ceo".

miércoles, 22 de abril de 2009

Na emigración a Suiza

O meu avó decidio, como tanta xente daquela época, emigrar a Suiza para janar cartiños pa unha casa. Polo que cambiou o sacho das patacas e o saco das carolas en Guxín, por unha pala e unha barraca en Suiza. Cando chejou a Suiza non encontraba traballo nin pa Dios, e os catro patacóns que levou estábanse agotando.

Un día desos que fai calor, e en Suiza cando fai calor podes criar polos na nevera, iba meu avó paseando pola calle cando vío obreiros que estaban contruindo un piso para un terrateniente suizo. Acercouse o capataz e pedíolle traballo:

-"Ois ..., e non terás un traballo para mín. Do que sea."
- "Teño un pero hai que traballar moito e é mal pagado." Respondío o capataz.
-"Do que sea, eu traballo do que sea."
-"É traballar de carretillero."
-"De carretillero..., pois eu traballo de carretillero, do que sea."


Pois nada, o meu avó empezou a traballar de carretillero levando material de un lado para outro, de un piso para outro:


-"¡Carretillerooo!, cemento a la primera". Gritábanlle os albañiles. Aló iba meu avó ca carretilla para o piso primeiro.
-"¡Carretilleroo!, ¡ladrillo a la tercera!". Aló iban os ladrillos.
-"¡Carretillero!, ¡arena a la segunda!". Arena a segunda planta.

E así continúamente durante tres horas, pero o cabo das tres horas o carretillo empeza a facer un rudio moi extraño: iu.....................iu..................iu.....................iu.......................iu


-"¡Carretillero, cemento a la tercera!
Iu......................iu...........................iu.............................iu...................................iu
-"¡Carretillero, ladrillo a la primera!
Iu......................iu.........................iu.............................iu..................................iu

O meu avó empezou a poñerlle nervioso o dichoso rudio e o cabo de dúas horas non aguantou máis e foi a xunta o capataz para comentarlle o problema:

-"Mira señor capataz, o carretillo fai un ruido moi raro que me está poñendo dos nervios e eu así non podo traballar, non aguanto máis."
-"E ¿qué ruido é ese?
-"Pois mira voullo decir. Fai un ruido así; iu.........................iu...............................iu.........................iu"
-"¿Cómo?. ¡¡¡Despedido!!!!".
-"¿Cómo que despedido?¿Por un ruido?.
-Sí, despedido, porque o carretillo fai iu...........................iu.........................iu, e tiña que facer iu iu iu iu iu iu iu iu iu iuiuiuiuiuiuiuiuiuiuiuiuiu............................. .. .

jueves, 16 de abril de 2009

E ti... ¿viches a Dios?

O outro día iba meu avó no autobus cando un home lle respondeu si creía en Dios. O que el constetou que sí porque o vira unha vez.

Cando el era máis novo, aínda mandaba o Xeneralísimo, foi pobo por pobo, aldea por aldea, preguntando si viran a Dios. A xente que atopaba polo camiño respondíalle que non. Pero, chegou a unha aldea no cu do mundo que non vou decir o nome (pois a xente de Corme enfadaríase toda), na que un vello lle dixo que Dios estaba un pouco máis adiante. Meu avó seguío andando e un pouco máis adiante atopouse con unha señora o que lle proguntou:

-¿Viches a Dios?.
-Tes que seguir un pouco máis adiante.

E un pouco máis adiante, como non, atopou a un señor e unha señora carrexando pedras para facer un valado. Meu avó o velos preguntoulle:

-¿Viches a Dios?.
e o meu respondeu:
-Sí, son eu.
-E ti si es Dios que fas carrexando pedras para facer un valado.
-Pois desde que manda Franco a xente di: "¡qué traballe Dios e máis María Santísima!". E aquí estou eu e máis a Virxe María traballando.



Meu avó non sole esaxerar.

miércoles, 7 de enero de 2009

O home máis forte da Aldea

O meu avó decíanos de pequenos que era o home máis forte da Aldea. "En Suiza apreteume a man un italiano para demostrarme que era moi forte, pero eu apretei máis forte que el, tan forte que lle salio a sangre por debaixo das uñas", presumía de forzudo diante nosa.

Un día no inverno pasou Suso do Xastre polo seu lado, cando o el estaba cortando herba ca jadaña na Laracha. Suso iba coa chaqueta e con jorro que lle tapaba hasta as orellas e díxolle o ve-lo tan coa camiseta sen jersey, e co frío que facía:

- "Eres o home máis forte da Aldea",

o que meu avó contestou:

- "Tamén son o que máis frío pasa".










Meu avó intentou traballar no mar e o máis lonxe que chegou foi a lonxa de Corme. Tratou de sacar o permiso de competencia e nas probas preguntoulle o examinador:

-"Si estás na jamela os calamares en Corme e ven vento, ¿ti que fas?.

O que meu avó respondeu:

- "Tiro o rezón"

- "¿E se ven máis vento"

- "Tiro outro rezón".

- "¿E se ven moito máis vento".

- "Tiro outro rezón".

-"¿E se ven máis, máis e máis vento que non hai quen pare".

- "Tiro outro rezón".

O examinador xa mosqueado pregúntalle:

- "Ois ti, e ... ¿a onde vas buscar tantos rezóns?".

-"E ti, ¿a onde vas buscar tanto vento".




Tamén se quixo meter na política, pero non chegou nin a mandar na súa casa.
Era a época de eleccións en Ponteceso e había algún partidista na Aldea que buscaba voto, polo que fixo un pequeno mitin entre os labregos da zona na Cas Tucho:

- "Eu prometo que se gana o meu partido farenos pa Aldea unha marquesina nova na Costa, faremos unha casa para os veciños, faremos carreteras, faremos pontes, ...."

O que meu avó respondeu:

-"¿Pontes?, si non temos ríos, ¡apúnta ríos tamén!